O Concello de Outeiro de Rei organiza un Concurso de Narración e Debuxo Infantil dirixido a rapaces e rapazas  empadroados neste municipio  ou que estean matriculados no Colexio Público Laverde Ruíz. Contará coas seguintes CATEGORÍAS:

  1. ata 8 anos
  2. de 9 a 11 anos
  3. de 12 a 16 anos

TEMA Poden participar todos os nen@s, rapaces e rapazas con:

  1. NARRACIÓNS, en galego cunha extensión máxima dun folio, sobre o tema:“Viaxando por Galicia” na que se contarán historias sobre viaxes, vacacións, andainas …, etc que teñan lugar en calquera lugar de Galicia .
  2. DEBUXOS, feitos sobre folio de tamaño DIN A4, sobre o tema “ Imos de festa por Galicia”. Os debuxos terán a temática de festas como o entroido, festas gastronómicas, temáticas, concertos, verbenas…etc.

Para poder envialos por correo electrónico poden sacar unha foto ao debuxo ou escanealo, enviando tamén os datos do autor/a. PRAZO O prazo de presentación dos traballos permanecerá aberto do 1  ao 25 de maio, e poden enviarse ao  correo electrónico [email protected]; tamén poden presentarse  de forma física nas caixas de correo habilitados a tal efecto situadas  no supermercado Claudio  de Outeiro de Rei  ou nas oficinas municipais do Concello. Cada traballo virá acompañado dunha folla cos datos da persoa participante: nome, apelidos, idade, teléfono e dirección.

– BASES CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL

– FOLLA DE DATOS PERSOAIS